Un pouco de historia

O Motoclub Amigos de la Moto de Sanxenxo foi fundadao en 1986 por dous amigos das Motos que decidiron, ademais de participar en diferentes concentracións, realizar unha na localidade onde naceron. Estes dous amigos son José Mª Alonso García e Luis Marcial Rey Franco.

Na primeira edición da Concentración Turística Internacional de Motociclismo de Sanxenxo, axudaron como parte da directiva do MotoClub Juan José Gómez Villaverde, José Mª Valladares e outros.

José Mª Alonso García era unha persoa coñecida nos círculos das Concentracións, daquela participaba no Campionato de España de Turismo, que nos serviu de aval para comezar a aventura.

Nesa primeira edición da Concentración, xa se matricularon uns 300 motociclistas de toda España, que aumentan cada ano nun número crecente de aproximadamente 200 ao ano, chegando á Xª edición cunha cifra de 1.000 inscritos e que deu a “maioría” á nosa Concentración.

Nesa Xª edición, regalouse unha C.B.R 600, un equipo completo de estrada e un ciclomotor, como obsequio á fidelidade de todos connosco e como celebración da “posta de longo da Concentración”, que se chamaba "Concentración Moto-turística Sanxenxo”; na actualidade denomínase “Concentración Moto Turística Internacional Rías Baixas Sanxenxo”.

Na XXVª edición, celebrada no ano 2009, alcanzamos a maioría de idade, con 3.293 rexistrados. Todo un exito de organización, espectáculo, afluencia, turístico, recoñecido por por todos/as, tanto entidades públicas, como medios de comunicación, empresas, particulares e o máis importante VÓS OS MOTEIROS.

Na actualidade, ademais de estar cos detalles da próxima concentración que organizamos sempre a 2º #fin# de semana de setembro, estamos inmersos en varias actividades que organizamos durante todo o ano, e que tamén gozamos con todos vós.